Orientación e apoio

Non e estraño que certos acontecementos na vida nos produzan unha sensación de desorientación ou bloqueo. Aínda tendo a percepción de nós mesmos coma capaces de “resistir a tempestade”, podémonos atopar sen saber cara onde tirar. Estes poden ser cambios ou conflitos no traballo, parella, familia, nas relacións de amizade, ou de perdas significativas, etc.

A orientación psicolóxica pode ser moi eficaz para axudar a situarnos, recuperar e poñer en práctica os recursos pragmáticos, cognitivos e emocionais necesarios para non só facer fronte a situación, senón tamén para saír mais fortes dela.

A partir dunha entrevista previa, verase si é necesario un acompañamento ao longo dun determinado período de tempo ou é dabondo con consultas puntuais.