Carles Rodríguez Feixóo

 

 

Psicoterapeuta de adolescentes e adultos de xeito individual e de parella dende 1988.

 

Terapeuta en grupos de crecemento persoal e en talleres monográficos.

 

Da formación académica destaca:

 

Licenciado en psicoloxía pola Universidade de Barcelona, especialidade clínica. Ano 1985.

 

Psicólogo colexiado no Col.legi Oficial de Psicòlegs de Catalunya, co nº 4835.

 

Cursos de adestramento en Brainspotting Nivel I e Nivel II. Impartido por Mario Salvador, adestrador e director de Brainspotting España.

 

Máster en Psicoterapia Integradora Humanista. Programa de Máster do Instituto Erich Fromm de Psicologia Humanista de Barcelona, que inclúe 400 hs. de adestramento n´unha metodoloxia integradora de modelos terapéuticos gestáltico, transaccional, postrogerian, psicocorporal, psicodramático e exitencial entre outros.

 

Formación en Psicoterapia de Grupo, Familiar e de Parella no Instituto Erich Fromm de Psicologia Humanista.

 

Formación en Psicodrama no Centre d´Estudis de Psicodrama i Tècniques corporals.

 

Formación en Análise Transaccional polo Instituto de Análisis Transaccional de Barcelona.