Coaching é un método que consiste en dirixir, instruir e adestrar unha persoa co obxectivo de que acade algunha meta ou desenvolva habilidades específicas.
Nun ambiente seguro e de respeito, pártese da convicción de que é a persoa que recibe o coaching quen ten máis coñecemento sobre sí mesma. Ao asumir as súas responsabilidades, vai activar os seus recursos e potencialidades.
O adestrador non xulga, establece un acordo para concretar os obxectivos a seren alcanzados, o desenvolvemento do programa e a avaliación dos resultados, facilitando que a persoa se sinta co control sobre a toma das súas decisións.
O obxectivo é superar as barreiras que impiden a consecución de logros concretos, para obter os progresos desexados en diferentes ámbitos: profesional, deportivo, vital, etc.