Tratamento de traumas

As investigaciós en neurobioloxia, demostraron que, frecuentemente, en situaciós traumáticas de intensidade variable, o noso cerebro non pode poñer en marcha as redes neuronais necesarias para procesar a experiencia dun xeito funcional.

 

Brainspotting é un novo enfoque de tratamento que permite atopar, enfocar, procesar e liberar neurolóxicamente experiencias e síntomas lonxe do alcance da mente consciente e das súas capacidades cognitivas.

 

A través do mantemento da fixación ocular, estimúlase a resolución de asuntos profundamente almacenados nas áreas non verbales e non cognitivas do cerebro.

 

O obxectivo é conseguir unha liberación completa e exhaustiva da activación almacenada no cerebro e no corpo, permitindo o procesado que fora bloqueado, de xeito que a experiencia traumática deixe de ser unha lembranza perturbadora.