![]() |
---|
Carles Rodríguez Feixóo Ver currículo |
Somos psicólogos que exercemos a nosa profesión en consulta privada dende hai mais de quince anos.
A nosa forma humanista de concibir o ser humano, nos fai ver cada unha das persoas que veñen para o noso consultorio como única, aínda que os síntomas de malestar que está a experimentar poidan estar relacionados con certas clasificacións de diagnóstico. Isto implica que non traballamos cun protocolo predeterminado, senón que o tratamento vaise axustar, cunha metodoloxía integradora, ao que pode ser eficaz para cada cliente / paciente, segundo a súa experiencia de vida, estilo de personalidade e da súa propia historia. E isto dentro dunha relación terapéutica baseada no respecto á formación da individualidade e compromiso mutuo.
O sentido da responsabilidade co noso traballo, nos mantén activos na nosa formación e actualización de coñecementos no campo da psicoloxía, da psicoterapia e da neuropsicoloxía.
Atendemos en galego, castelán e catalán
‹‹Posibilidade de sesións via Skype››