As actividades en grupo

Son encontros semanais (de 2 ou 3 horas) o en formato dunha xornada ao mes (os fins de semana) ou ben puntualmente en talleres monográficos onde se favorece a posibilidade de experimentar e tratar diferentes aspectos relacionais e de crecemento persoal.

O número de participantes pode oscilar entre 6 e 12 persoas.

O traballo en grupo está coordenado por un ou dous psicoterapeutas, a fin de facilitar a interacción e boa marcha da dinámica grupal.

Propóñense exercicios que axudan a unha mellor comprensión dun mesmo e da comunicación cos outros. Tamén é posible tratar situacións ou problemas concretos que poidan presentar os participantes.

Técnicas provindes do Análises Transaccional, Gestalt, Psicodrama e outros modelos, como fantasías guiadas, expresión corporal, traballos con música, debuxos, etc., facilitarán o coñecemento e a mellora das habilidades persoais e de socialización.