Como é sabido, o faro é o halo de luz que axuda á xente do mar, evitando esí accidentes ou desvios de ruta. Protexe, avisa, pero non marca o camiño, senón que mais ben define o terreo para que o navegante manexe o seu propio temón.

Iste é, en primeira instáncia, o propósito de Faro psicoloxia: axudar a visualizar posibeis camiños, a fixar a ruta, a acompañar na escuridade e no tempo desapacible.

A nosa tarefa vai enfocada a millorar o equilibrio emocional para afrontar os avatares cotiáns e a reforzar o crecemento natural da persoa para que desenvolva as súas potencialidades, de xeito que, en última instancia, teña o seu propio faro interno como referencia e guia.